Covelo e O Carballiño rexistran outros dous pequenos terremotos este venres

Neste caso, ningún superou a magnitude dos 2,5 graos.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 28/01/2022 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

Os municipios de Covelo e O Carballiño rexistraron dous pequenos terremotos este venres, 28 de xaneiro, despois de que o pasado xoves a metade occidental de Galicia se vise sacudida por un tremor de 4,6 graos localizado no Atlántico.

O tremor producido ao noroeste do Carballiño tivo lugar ás 5,24 horas da madrugada, cunha magnitude de 1,6 graos e unha profundidade de 13 quilómetros.

Pola súa banda, en Covelo, que xa rexistrara varios terremotos nas últimas semanas, tivo lugar un tremor de 2,4 graos ás 15,21 horas. Produciuse a 22 quilómetros de profundidade.

Terremoto en Covelo. IGN
Terremoto en Covelo. IGN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta