Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/01/2022 | Actualizada ás 19:55
O prezo do leite que venden os gandeiros galegos pechou 2021 cun prezo de 35,6 céntimos por litro, o que supón unha suba respecto dos 35 céntimos de novembro, segundo os datos publicados polo Ministerio de Agricultura.
Na comparativa con decembro de 2020, houbo un incremento de 2,7 céntimos no litro de leite no último ano en Galicia (32,9 céntimos ao peche de 2020).
Con todo, Galicia segue como a comunidade peninsular na que menos se paga aos produtores de leite. É a única que está por baixo dos 36 céntimos. A seguinte con menor cifra é Navarra (36,1 céntimos).
E é que os gandeiros galegos cobran 0,8 céntimos menos por litro que a media española, que se sitúa en 36,4 céntimos. País Vasco é onde mellor se paga na España peninsular (38,2 céntimos).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.