Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2022 | Actualizada ás 16:20
A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) insta á Consellería de Educación a que emita unha instrución urxente de carácter excepcional pola que os docentes que acrediten menores ao seu cargo en corentena por contaxio ou illamento por contacto estreito por coronavirus dispoñan da concesión automática do permiso que lles permita coidalos.
Así, segundo informou nun comunicado, CSIF Ensino presentou por rexistro unha petición dirixida ao conselleiero Román Rodríguez con esta demanda "ante o elevado número de menores de idade contaxiados actualmente" ou, tamén, por contacto estreito con compañeiros de clase contaxiados por covid "que están cuarentenados e necesitan coidados".
Para esta central sindical, non é de recibo que a Administración obrigue ao traballador a gastar os seus días de libre disposición "para exercer un dereito que, ademais, lles corresponde por Lei".
De feito, CSIF Ensino lembra que, precisamente estes días, están a se ditar sentenzas en cuxo fallo recollen que "a situación que se pretende recoller -neste caso coidar domiciliariamente a un/unha fillo menor de catorce anos confinado por protocolo COVID-19-, non se pode amparar noutros permisos recolleitos na lexislación de función pública" (...) e engade que "se trata dun permiso de carácter residual que se outorga polo tempo indispensable -cinco días neste caso- mentres que outros permisos outórganse por un prazo previamente determinado na disposición normativa correspondente".
CSIF Ensino lembra tamén que, segundo a normativa vixente, a orde do 29 de xaneiro de 2016 que regula o réxime de permisos, licenzas e vacacións do persoal docente, no seu artigo 14, punto 1 especifícase que "o persoal funcionario ten dereito aos permisos necesarios para o cumprimento de deberes inescusables de carácter público ou persoal e de deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.