Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2022 | Actualizada ás 17:03
O histórico sindicalista ferrolán Rafael Pillado anunciou nas redes sociais que padece un cancro producido por amianto e que se decidiu facer pública esta doenza para que "non sexa clandestina".
Veciño do barrio de Caranza, a vida laboral de Pillado estivo vinculada ao estaleiro de Bazán, hoxe en día Navantia, sendo detido e xulgado tras os acontecementos do 10 de marzo de 1972, do que este ano se cumpren 50 anos, e nos que morreron dous traballadores do sector naval durante os enfrontamentos coa Policía.
Na súa publicación, Pillado, que foi militante do Partido Comunista e delegado de UGT, ademais de ser concelleira no Concello de Ferrol polo PSOE, destaca: "Estes días recibín unha mala noticia, que padezo cancro, producido por amianto", un material que se utilizaba nos estaleiros como illante térmico.
"No transcurso deste tempo, quero pedirvos que informedes a todo o mundo. Non quero que a miña enfermidade e a de tantos afectados sexa clandestina", detalla Pillado, ademais de incidir que pretende que a súa "reclamación sexa ocasión para denunciar aos responsables (destes) asasinatos silenciosos".
"Pretendo tamén contribuír, mentres dure, á celebración do 50 aniversario do 10 de marzo de 1972", apuntou no seu escrito, no que se conmmeroa o Día da loita obreira galega e se lembra a Daniel Niebla e Amador Rey, os dous sindicalistas asasinados a tiros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.