O xa confirmado peche da Central Térmica, sumado ao de hai anos da Mina, afectan e moito á vila de As Pontes que, se antes era un referente no ámbito galego e estatal de desenvolvemento e crecemento, hoxe tódolos datos socioeconómicos confirman a súa caída; tanto ten se falamos da pirámide demográfica, da afiliación á seguridade social, do valor das propiedades, etc., todos sinalan o fin dun ciclo.