Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2022 | Actualizada ás 17:27
A Confederación Intersindical de Traballadores (CIG) denunciou este xoves un "novo episodio de conivencia" entre o Goberno central e os sindicatos UGT e CCOO, tras coñecer que o Ministerio de Facenda e Función Pública non retomará as negociacións, iniciadas en xullo, sobre o Anteproxecto de Lei da Función Pública.
Segundo sinalou a central sindical nun comunicado, "é falso que se iniciasen as negociacións este martes 13 de decembro, mérito que atribúen CCOO e UGT".
O secretario nacional da CIG-Administración, Luís Carballo, insistiu en que "deixar fóra aos sindicatos non asinantes dun acordo levado a cabo en outubro, obedece a unha estratexia de castigar o sindicalismo que non se presta a ser unha comparsa das políticas do Goberno".
Nesta liña, explicou que, con esta estratexia, o Goberno central "garante sacar adiante o Anteproxecto de Lei da Función Pública para situalo dentro do calendario preelectoral como un éxito político"
Deste xeito, CIG-Administración presentou un escrito dirixido á Dirección Xeral da Función Pública en que a denuncia "como se está actuando" e "solicita que se retomen a negociación dentro do seu ámbito lexítimo".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.