Por Galicia Confidencial | A CORUÑA | 02/02/2022 | Actualizada ás 09:00
'Moria', a experiencia de teatro inmersivo de 'Unahoramenos Producciones' que conta o día a día dos campos de refuxiados, chega á Coruña a primeira fin de semana de febreiro con catro funcións con aforo reducido. Así, poderase ver o espectáculo no Teatro Rosalía de Castro os próximos días 4 e 5 de febreiro, con dúas funcións diarias (18:30 e 20:30 horas), tras triunfar nos seus pases de Narón e Ourense, nos que colgou o cartel de 'completo' nas oito funciónss.
O espectáculo conta a historia de dúas refuxiadas (Zohra Amirya e Douaa Alhavatem) e as súas familias ás que non queda máis remedio que fuxir dos seus respectivos países.A peza sostense a partir de testemuñas reais filmadas no campamento de Moria (na illa grega de Lesbos) baixo a supervisión de Nicolás Castellano, reporteiro especializado durante os últimos 20 anos en movementos migratorios forzosos e dereitos humanos.
Cun texto construído por Ruth Sánchez, Marta Viera, Mario Vega, Luís Ou' Malley, Nicolás Castellano e Valentín Rodríguez a partir da entrevistas realizadas a Saleha Ahmadzai (Afganistán), Zohra Amiryar ( Afganistán) e Douaa Alhavatem (Iraq), todas elas persoas refuxiadas no campamento de Moira na realidade.
Moira desenvolve unha "acción única, capaz de conmover sen trampas sentimentalistas", mergullando ao espectador na realidade da migración forzosa e permitíndolle tomar as súas propias decisións con respecto ao ángulo desde o que quere encarar a historia, guiada en escena polas actrices Marta Viera e Ruth Sánchez.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.