Galicia comeza 2022 cun descenso do 4,2% nas matriculacións de vehículos

No conxunto de España, aumentan un 1%.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 01/02/2022 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

Galicia computou a venda de 1.495 coches en xaneiro, o que supón un 4,2% menos que no comezo de 2021, segundo datos das asociacións de fabricantes (Anfac), concesionarios (Faconauto) e vendedores (Ganvam).

Recarga de coches eléctricos na rúa
Recarga de coches eléctricos na rúa | Fonte: Europa Press.

Este descenso contrasta coa suba media do 1% que se anotan as matriculacións en España. Canarias (+69%) foi a comunidade na que máis se incrementaron as vendas de automóbiles no primeiro mes do ano. No outro extremo, Aragón sufriu un retroceso do 35%.

En concreto, o mercado de gasóleo esborrallouse un 51,9% en Galicia, con só 229 matriculacións (eran 476 un ano antes). Así mesmo a venda de vehículos de gasolina cae un 22,7%, con 523 unidades (677 un ano antes.

Todo iso a pesar de que se disparan as vendas de vehículos eléctricos e híbridos en Galicia --nun mes no que a Xunta puxo en marchas axudas para a súa adquisición--, que se converten xa nos modelos que máis se venden. Houbo 743 matriculacións, un 82% máis que un ano antes (eran 408 hai un ano).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta