Saír do armario

Ellen Page é unha moza estupenda, podería ser a miña filla ou a vosa. Canadiana, intelixente, guapa, sinxela, boa actriz que moitos recordarán na película “Juno”, pola que, con 27 anos, estivo nomeada ao Óscar á mellor actriz. Unha delicia de ser humano. Pero é lesbiana.

Por Valentin Carrera | Compostela | 06/05/2014

Comparte esta noticia
¡Ah!, iso cámbiao todo: rexeitada por quen din ser os seus “seres máis queridos”, desprezada no colexio, sufriu durante anos acoso e medo. Medo por ser diferente.
 
Hai pouco Ellen Page saíu do armario: fixo pública a súa homosexualidade nas Vegas, cun discurso emocionante que debería lerse en todos os institutos e colexios, en todas as parroquias e clubs deportivos, empezando polos de fútbol.
 
"Estou cansada de esconderme. Sufrín durante anos porque me daba medo dicilo. Hai xente que vai á escola todos os días e trátanlles como a unha merda sen razón. Tratei de guiarme polo meu corazón, pero pode ser duro. Por iso estou aquí. Merecemos vivir o amor plenamente, con igualdade".
 
Apelo ao corazón de pedernal desas seitas recalcitrantes, “¡sepulcros branqueados!” chamoulles Xesús de Nazaret, que condenan ao diferente. ¿Por que este sufrimento estúpido de Ellen Page, de tantas Ellen próximas? Podería ser o teu compañeiro de colexio ou de ximnasio, esa sobriña á que miras con noxo por ser “bollera”, ou o teu pai, gay reprimido, perdido na vida, condenado ao armario. 
 
Están moi preto de nós, eu os trato a diario, procuro abrirlles o meu corazón e sempre me abren o seu, danme amor. Condenados de palabra e obra sen caridade; perseguidos sen misericordia ¡en nome de Deus ou de Putin!; presos por leis inhumanas e, demasiadas veces, asasinados con torturas salvaxes, ou matados a lume lento no potro da inquisición. Condenados ao silencio e ao desprezo.
 
Seremos máis felices si aceptamos a verdade e a diferenza e axudámonos uns a outros a saír dos armarios. Necesitamos moitas Ellen Page nas nosas vidas, en cada casa, en cada aula, en cada parroquia. Unha Ellen Page que dun paso e diga: “Estou farta de esconderme”, e podamos querela e abrazala. Non o esquezas, podería ser a túa veciña, o teu fillo ou a túa nai. @ValentinCarrera

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Valentín Carrera Valentín Carrera, Ponferrada, 1958, escritor e xornalista, analista político en Galicia Confidencial, no blog Tornarratos.com, no Semanal Digital e no Faladoiro da Radio Galega. Dirixe a editorial eBooksBierzo. O seu último libro "Pescanova Crimen Perfecto”, aborda a estafa piramidal do caso Pescanova [http://www.paradiso-gutenberg.com/pescanova/].