Por E.P. | Pontevedra | 03/02/2022 | Actualizada ás 20:56
A Deputación de Pontevedra considera "totalmente insuficientes" as obras que a Xunta de Galicia iniciou no Pazo de Monteros Ríos, en Lourizán, e volveulle a lembrar ao Goberno galego a súa "obrigación legal" de acometer a rehabilitación integral desta "xoia" patrimonial da arquitectura civil galega.
Nun comunicado, a Deputación quixo pór de manifesto que un informe técnico valorou as actuacións necesarias ante o "risco de ruína" do Pazo en máis de 14 millóns de euros. Con todo, a Xunta comezou unha obra por algo máis de 208.000 euros.
A administración provincial lembrou que é competencia da Xunta "efectuar as obras de conservación necesarias para o mantemento da zona", respectando o carácter artístico e monumental da mesma.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.