Un mariñeiro galego morre nun accidente no barco en que traballaba preto das costas de Arxentina

Segundo fontes da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI), á cal pertence Pesmar, o suceso ocorreu hai menos de 24 horas, polo que na actualidade o barco diríxese ao porto uruguaio de Montevideo, que está a un tres días da posición onde tivo o accidente.

Por E.P. | VIGO | 07/02/2022 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

Un mariñeiro do barco galego 'Praia de Tambo' faleceu nas últimas horas tras sufrir un accidente mentres realizaba labores de pesca en augas internacionais preto de Arxentina.

Así, o tripulante do barco galego, propiedade da armadora Pesqueiras Marinenses (Pesmar), estaba faenando en augas internacionais cando sufriu un accidente durante a recollida de abadexo.

Segundo fontes da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI), á cal pertence Pesmar, o suceso ocorreu hai menos de 24 horas, polo que na actualidade o barco diríxese ao porto uruguaio de Montevideo, que está a stres días da posición onde tivo o accidente.

Desde alí porase en coñecemento das autoridades o ocorrido e xestionarase a repatriación do cadáver, tras ser informada xa a familia.

Tal como indicaron a Europa Press, Pesmar é un socio fundador de ARVI, polo que desde a asociación destacaron a súa "importante" historia con xente "moi preparada" e que no momento do accidente o tripulante "dispuña de todos os equipos de protección".

Barco, buque. SATLINK - Arquivo
Barco, buque. SATLINK - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta