Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2022 | Actualizada ás 13:55
Os reitores do tres universidades públicas galegas explicaron este martes que traballan, no marco da Conferencia de Reitores de Universidades (CRUE), para que se de unha solución aos 4.000 investigadores galegos que actualmente teñen contratos por obra e servizo afectados pola reforma laboral.
"Estamos en negociacións, a través da CRUE, para ter algunha solución temporal mentres non se solucione a Lei de ciencia porque pode ser un atranco estes meses", explicou o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, tras participar nun acto en Santiago xunto ao reitor da USC, Antonio López, e o da UDC, Julio Abalde. No evento tamén participou o conselleiro de Educación, Román Rodríguez.
Segundo explicou Reigosa, as universidades xa teñen a "palabra da CRUE" de que os fondos previstos para cando se finalicen os contratos pre e post doutorais previstos na Lei de ciencia que dependan do Estado sexan sufragados polo propio "Estado" de forma que "non recaian nas universidades".
E é que, conforme explicou Julio Abalde, a reforma laboral afecta a parte importante das contratacións, especialmente en proxectos de investigación, polo que as universidades traballan a través da CRUE cos ministerios de Ciencia, Universidades e Traballo para buscar unha solución que permita, mediante a Lei da ciencia, solucionar problemas como derivados do paso á contratación indefinida ou a súa afectación na taxa de reposición. "Pedimos que eses contratos non afecten á taxa de reposición", detallou.
Tras iso, lanzou unha mensaxe de "tranquilidade" ao asegurar que buscarán "unha fórmula" que permita que o persoal que está contratado nestes momentos con cargo a diferentes proxectos poidan continuar nos novos modelos de contratación que se van a facer. "Vai ser unha contratación indefinida e haberá que definir como se manteñen esas relacións e como, no momento que non haxa fondos no proyeco, pódese resolver esa situación", apuntou.
ELIMINAR A PRECARIEDADE
Pola súa banda, o reitor da USC, Antonio López, que sinalou que a reforma suporá que se encarezan os contratos ao ter que prever unha indemnización para cando terminen, explicou que haberá que trasladar a "quen financia" que será necesario un "custo adicional para eliminar a precariedade". Ademais, Antonio López considerou que "seguramente" sería necesario dar un paso máis para buscar fórmulas de financiamento da investigación "máis estruturais", que non estean "tan condicionadas polo tempo e que financien estas necesidades".
REELECCIÓN ANTONIO LÓPEZ
Por outra banda, na mesma xornada o actual reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e único candidato á reelección, Antonio López, informou de que presentará este mércores ao equipo co que aspira a volver liderar a institución universitaria.
En concreto, o próximo 23 de febreiro terán lugar as eleccións na USC, nas que Antonio López é o único candidato que se presentou a reitor. No caso de representantes ao claustro universitario o número de persoas candidatas é de 177 no sector I, 48 no sector II, 125 no sector III e 54 no sector IV. Pola súa banda, hai un total de 292 candidaturas para estudantes nas xuntas de centro. O 14 de febreiro de 2022 está prevista a proclamación definitiva de candidatos, así como o sorteo das mesas electorais electrónicas, o que dará paso á campaña electoral entre os días 15 e 21 de febreiro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.