Feijóo envía ao Rei Felipe VI "todo o ánimo" tras o seu positivo en covid-19

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2022 | Actualizada ás 16:16

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, enviou unha mensaxe de ánimo ao Rei Felipe VI, despois de transcender o seu positivo en covid-19. "Desde Galicia desexámoslle todo o ánimo e que teña unha pronta recuperación", traslada o mandatario galego a través do seu perfil da rede social Twitter.

O Rei Felipe VI deu positivo por covid-19 na proba á que se someteu este mércores tras presentar síntomas leves desde a tarde deste martes, segundo informou Zarzuela nun comunicado. O estado de saúde do monarca "é bo" pero procedeuse a suspender todas as súas actividades oficiais no próximos sete días, durante os que permanecerá en illamento. No entanto, precisou Casa Real, "manterá a súa actividade institucional desde a súa residencia".

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo / Xunta de Galicia. / Europa Press
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo / Xunta de Galicia. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta