Por E.P. | Valladolid | 11/02/2022 | Actualizada ás 19:33
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, intervirá no programa especial de TVE que Ana Blanco e Carlos Franganillo presentarán desde Torrespaña para o seguimento da noite electoral en Castela e León.
O mandatario galego, que este mesmo venres participa no peche da campaña do Partido Popular en Valladolid arroupando ao seu compañeiro de filas e aspirante á reelección, Alfonso Fernández Mañueco; será un dos invitados do programa, no que tamén intervirá o seu homólogo na Generalitat Valenciana, Ximo Puig.
O espazo forma parte do despregamento que RTVE realizará este domingo en Castela e León para informar as votacións ao longo da xornada electoral deste 13 de febreiro e analizar os resultados en todas as súas canles cunhas especial Eleccións en Castela e León en RTVE Noticias. Toda a programación poderá seguirse en RTVE Play.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.