Por Galicia Confidencial | Comopstela | 15/02/2022 | Actualizada ás 20:40
Os máis cativos poderán achegarse á música e á figura do xenio da música Beethoven da man da Real Filharmonía de Galicia, que continúa esta semana a serie de concertos didácticos gratuítos iniciada o pasado mes de xaneiro. As í, dende orquestra manifestan estar "moi comprometidos en achegar a música clásica aos máis novos" e celebraranse un total de catro concertos para colexios, o mércores 16 ás 10:00 e ás 12:00 horas e o xoves 17, no mesmo horario. Será no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.
Baixo o título “O gran Beethoven”, a proposta diríxese especialmente a nenos de 5º e 6º de Primaria. A través deste espectáculo relátase a historia do xenial compositor de 'Bonn',
un "auténtico revolucionario da historia da música", mostrando algúns dos pequenos secretos da súa vida. Ademais, na proposta ensinarase ademais ao alumnado como funciona unha orquestra sinfónica.
Trátase dun proxecto realizado en colaboración co Serviço Educativo da Casa da Música de Porto con motivo do 250º aniversario d o nacemento de Beethoven. A batuta levaráa o director portugués Jan Wierzba e contarase tamén no escenario coa intervención dos actores e músicos Sofia Nereida e António Miguel Teixeira.
O alumnado asistente a estes concertos terá a oportunidade de escoitar fragmentos
de obras populares de Beethoven como as Sinfonías Primeira e Sexta (coñecida como
“Pastoral”) ou a 'Abertura Coroliano', concluíndo coa 'Oda á Alegría' da Sinfonía nº
9 arranxada por Herbert von Karajan.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.