Inaugúrase na Coruña a mostra 'María Casares, residente privilexiada'

A exposición está constituída por 200 fondos propios da biblioteca.

Por E.P. | A Coruña | 15/02/2022 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, inaugurou este martes na biblioteca da Xunta Miguel González Garcés da Coruña, a exposición 'María Casares, residente privilexiada', co gallo do centenario do nacemento da actriz.

María Casares
María Casares

Esta mostra, que se poderá visitar ata o mes de decembro, está constituída por 200 fondos propios da biblioteca, como publicacións, fotografías ou películas, e ofrece un percorrido pola vida da artista e a súa contorna familiar.

Esta programación conmemorativa da Xunta comezou a semana pasada co ciclo de conferencias 'María Casares. Do exilio ao escenario' que se desenvolverán ao longo de todo o ano.

Nos próximos meses, as bibliotecas das demais cidades acollerán tamén unha exposición itinerante.

Ademais destas actividades, as accións previstas inclúen propostas dixitais, editoriais, escénicas e audiovisuais que percorrerán a pegada histórica de Casares en diferentes plataformas e linguaxes", segundo explicou o representante da Consellería de Cultura.

Son proxectos deseñados en colaboración con diversas entidades, como a Biblioteca Nacional de España, a Embaixada de España en Francia, o Instituto Cervantes ou a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, entre outras, e que se estenderá fóra de Galicia con eventos en Madrid e París.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta