Por E.P. | PONTEVEDRA | 18/02/2022 | Actualizada ás 20:49
O sete confrarías con presenza do sector do percebe na provincia de Pontevedra (A Guarda, Baiona, Vigo, Cangas, Aldán, Bueu e O Grove) acordaron non subscribir convenios con 'bateeiros' para extracción de mexillón.
Así o expoñen nun comunicado, no que instan á Consellería do Mar a modificar a orde reguladora da extracción de mexillón do ano 2000 e deixar sen efecto o capítulo III, "co propósito de pór fin dunha vez por todas á posibilidade de subscribir acordos entre as asociacións de mexilloeiros e as confrarías de pescadores para a extracción de semente de mexillón en bancos naturais".
Igualmente, piden "respecto" ao sector 'bateeiro' e que "non sigan revolvendo no lodo" no marco dun conflito aberto nos últimos tempos entre ambos os sectores.
Así mesmo, a Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra apela a "recuperar a convivencia" entre sector e por "retomar o diálogo", de forma que se respecten as medidas adoptadas pola Consellería do Mar en relación coas zonas de reserva establecidas para a extracción de percebe e para a explotación exclusiva de percebe.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.