Piden nove anos de prisión por agredir sexualmente a unha menor

"Non mintas, si que queres, pecha os ollos e goza", díxolle o agresor.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 19/02/2022 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

A Fiscalía pide 9 anos de prisión para un acusado de agredir sexualmente a unha amiga en Ferrol, que nese momento tiña 17 anos de idade, e que será xulgado este martes na sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña.

Segundo o escrito de acusación pública, os feitos ocorreron na tarde do 9 de abril de 2019, cando o acusado acudiu a casa da vítima, coa que quedara para verse. Nese momento, a menor atopábase soa no domicilio e, tras pasar un intre co acusado xogando á videoconsola, el reclamoulle un bico.

A moza accedeu pero o acusado comezou a tocarlle os glúteos e os peitos e, a pesar de que a moza pediulle que parase, el díxolle "non mintas, si que queres, pecha os ollos e goza". Nun momento determinado, e aproveitando que estaba sentada no sofá, espiuna de cintura para abaixo e practicoulle sexo oral, a pesar da oposición dela.

Así mesmo, segundo recolle a Fiscalía no seu escrito, o acusado chegou a introducirlle os dedos e o pene no ano, tombouna nun sofá e apertoulle o pescozo ata dificultarlle a respiración. A vítima opúxose en todo momento e comezou a chorar. Cando advertiu ao acusado de que a súa nai estaba a piques de volver a casa, el deixou de agredila e abandonou o domicilio.

Por estes feitos, a moza sufriu un trastorno de tensión postraumática, ansiedade e sintomatoloxía depresiva grave.

A Fiscalía considera ao acusado autor dun delito de agresión sexual, e pide que sexa condenado a 9 anos de cárcere, ademais da medida de liberdade vixiada durante 6 anos, e a prohibición de achegarse ou comunicarse coa vítima durante 12 anos. Tamén solicita que indemnice á moza en 10.000 euros polos danos morais e psíquicos.

Campaña contra a agresión sexual ás mulleres
Campaña contra a agresión sexual ás mulleres | Fonte: primerahora.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta