Declaran controlado un incendio forestal en Esgos que calcinou 0,1 hectáreas de monte raso

O luns pasado a Xunta abriu o prazo para volver autorizar queimas forestais, pero aínda non se poden efectuar ata este mércores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2022 | Actualizada ás 19:07

Comparte esta noticia

Un incendio quedou controlado ás 17,52 horas no concello ourensán de Esgos tras calcinar 0,1 hectáreas de monte raso.

O lume comezou ás 16,44 horas na parroquia de Santa Olaia de Esgos, segundo confirmaron a Europa Press a Consellería de Medio Rural.

No control do incendio forestal participaron dous axentes, tres brigadistas e unha motobomba. O helicóptero foi alertado, pero finalmente non puido actuar.

O luns pasado a Xunta abriu o prazo para volver autorizar queimas forestais, pero aínda non se poden efectuar ata este mércores.

Un bombeiro durante os labores de extinción dun incendio forestal. CSIC
Un bombeiro durante os labores de extinción dun incendio forestal. CSIC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta