Sanidade revisará o protocolo de detección do suicidio no ámbito educativo

Comesaña asegura que se extenderán as unidades ás sete áreas sanitarias.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2022 | Actualizada ás 17:03

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, avanzou que este ano se completará a extensión das unidades de prevención do suicidio nas sete áreas e revisarase o protocolo de detección no ámbito educativo. Así o sinalou este mércores no pleno da Cámara galega en resposta a unha pregunta formulada pola deputada popular Encarna Amigo, na que avanzou que o Goberno galego incluirá o desenvolvemento do plan de saúde mental nos obxectivos dos acordos de xestión das áreas sanitarias para este ano.

"Nos acordos de xestión que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) vai asinar no mes de marzo coas sete áreas sanitarias vanse recoller os indicadores de obxectivos de cumprimento do plan de saúde mental", destacou, para celebrar que este plan vaia estar "no documento de control da xestión do sistema sanitario galego". "É o mellor exemplo da prioridade que ten para o Goberno", remarcou.

Así mesmo, destacou a atención especial posta pola Xunta en materia de prevención do suicidio, pasando en 2021 dunha única unidade, en Ourense, a ter seis. "Culminaremos a extensión deste modelo ás sete áreas sanitarias, con atención multidisciplinar e vías rápidas", dixo.

O titular de Sandiade tamén destacou a posta en marcha dos hospitais infantís-xuvenís de Vigo, Santiago e Ourense; a creación de cinco novas unidades ambulatorias (tres de adultos en Ordes, Oleiros e Tui, e dous infanto xuvenís na Coruña e Vigo), e da nova unidade de psicogeriatría en Ourense.

Xunto ao anterior, destacou que se ampliou a hospitalizacion a domicilio de saúde mental en Santiago, Pontevedra e Ourense, o que implica maior cobertura territorial e horaria. Ademais, apuntou que hai reforzos en todas as áreas de maiores, e hai psicólogos clínicos de ligazón en atención primaria, un novo programa que ten como obxectivo mellorar a coordinación entre primaria e saúde mental, permitindo a abordaxe precoz de trastornos mentais prevalentes neste ámbito.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. XOÁN CRESPO/XUNTA / Europa Press
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. XOÁN CRESPO/XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta