Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/02/2022 | Actualizada ás 21:04
Abriuse o acceso á nova web na que PuntoGal e a Asociación de fútbol gaélico informarán das actividades relacionadas con este deporte pensadas, sobre todo, para a xente máis nova. Esta web é unha páxina divulgativa sobre o fútbol gaélico, con todo tipo de artigos e guías sobre as súas regras e técnicas, incluíndo contidos multimedia.
A web forma parte do convenio de colaboración establecido entre ambas entidades para promover un deporte "con valores deportivos aliñados cos de PuntoGal, nomeadamente a inclusividade, a colaboración e creación de comunidade, dado o carácter necesariamente local dos equipos", en palabras de Darío Janeiro, director xeral de PuntoGal.
Para Darío Janeiro, director de PuntoGal "o fútbol gaélico é tamén un dos deportes que fai en Galicia e a súa cultura se coñeza no exterior, dada a calidade das seleccións masculina e feminina.
Pola súa banda, Ángel Negrete, Presidente da Asociación de fútbol gaélico quixo agradecer a colaboración de PuntoGal nunha iniciativa que "pretendemos dar un paso adiante na implantación do deporte en Galicia e onde as nenas e nenos teñan o fútbol gaélico coma unha opción máis dentro da súa oferta deportiva.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.