Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2022 | Actualizada ás 14:54
A área sanitaria de Ourense clausurará este luns os puntos de cribado de Covid-19 abertos desde o pasado Nadal, onde se realizaron "máis de 50.000 test" segundo informou o distrito sanitario.
Informan ademais de que o centro de vacinación masiva en Expourense deixará esta función para volver ser centro de mostras e exposicións cando finalice a vacinación infantil e "á espera das novas estratexias de vacinación".
Tal e como destacan, as sucesivas repescas realizaranse nos hospitais públicos de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.