Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/03/2022 | Actualizada ás 10:32
“É espantoso que a estas alturas do século XXI os estados pretendan resolver os seus conflitos por medio da violencia. As vítimas son os pobos e os victimarios os seus dirixentes”, aseguran desde a Rede Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio. Por iso, convidan a todas as asociacións e colectivos sociais e de defensa dos Dereitos Humanos a aglutinar a súa voz nunha mobilización e baixo unha estratexia unitaria.
“Non a esta dinámica criminal. Que os gobernos de Rusia, Ucraína, EEUU e Europa senten a negociar a Paz de maneira inmediata, evitando o sufrimento innecesario da poboación”. Baixo esa premisa, a Rede Acampa chama a unha xuntanza este mércores 2 de marzo, ás 19.30 horas, no edificio de Sindicatos da Coruña.
O obxectivo é fixar de maneira consensuada un lema e un programa de mobilizacións que permitan unha resposta cidadá ampla, que "transmita unha mensaxe de paz contundente". As vítimas, lembra a Rede Acampa, son os pobos e os victimarios os seus dirixentes. "Por iso hai que mostrar o rexeitamento inequívoco a que sexa a sociedade civil a que pague a incapacidade dos seus mandatarios", apunta a entidade nun comunicado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.