Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/03/2022 | Actualizada ás 14:40
O atleta do Atletismo Marineda Hugo Vázquez bateu na cidade da Coruña o récord de España sub-20 en 50 "metros vallas", que estaba en rigor desde o ano 1981 e que o deixou en 6.80 segundos.
O novo velocista estableceu esta plusmarca nacional no regreso do Circuíto Coruña Corre en pista, que recuperou o Concello da Coruña despois de varios anos sen celebrarse por mor da pandemia.
A primeira xornada deste certame tivo como escenario o Palacio dos Deportes de Riazor, onde Vázquez pulverizou os 6.97 segundos que asinara Jorge Torres, da VDE Salamanca, en 1981 en San Sebastián. Uns 450 deportistas participaron nesta xornada deportiva.
Na proba do Coruña Corre, tamén se bateu un récord galego nos 50 metros valas femininos, que logrou Teresa Rodríguez Miguélez, do Riazor Coruña. A coruñesa logrou un tempo de 7.39, sete centésimas mellor que a marca que ela mesma batera no ano 2016.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.