A Xunta presenta un “ticket social” para as familias máis pobres

Di que servirá para que máis de 14.000 fogares poidan ter reducións de ata un 40% na súa factura eléctrica. Destinará un millón de euros, a mesma cantidade que custa unha soa campaña en medios.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 23/05/2014 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

Ticket eléctrico” ou iso é, cando menos, a denominación que Alberto Núñez Feijóo lle acaba de dar a unha nova axuda que o seu goberno quere darlle ás familias máis desfavorecidas. “Trátase dun ticket social que ten coma obxectivo reducir o custe da factura da luz para as familias con más problemas”, dixo.

Consello da Xunta
Consello da Xunta | Fonte: xunta.es

Foi na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, na que anunciou que, con esta medida, se poderán beneficiar 14.000 familias galegas con fillos pequenos e cuxos ingresos medios non superen o INPEM (Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples).  En total, o aforro que poden acadar no recibo da luz é dun 40%, contando tamén coas axudas estatais.

As axudas

Este “ticket eléctrico” consistirá en unha axuda de 90 euros para familias desfavorecidas ou 120 se, ademais, son familias numerosas. A súa duración será dun ano e o pago será semestral. “Logo dese ano xa veremos a evolución da crise en Galicia e en España para tomar unha decisión ao respecto”, indicou Feijóo.

Para acadar este obxectivo, a Xunta destinará un millón de euros, os mesmos que destinará a Consellería do Medio Rural e do Mar para publicitar nos medios galegos os produtos do país

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Ana

Nin ainda que me deran un deses ticket lles votaba. A pobreza combatese loitando mais contra o fraude fiscal, pagando mais impostos os que mais teñen, atraendo inversions para crear emprego, repartindo o traballo existente ou garantindo unha renda basica de cidadania.

3 eueu

Que sorte! E farán unha rifa popular para ver a quen lle toca? Será a ex-conselleira Manolita laBestia a encargada de dirixir o programa televisivo? Son tempos de esperanza para todos!

2 Querule

Mi madriña, anda a prensa do PP como tola estes últimos dias. Non deben andar ben as enquisas.

1 presada

Boa presada --que non preada-- ides levar os de GC con esta medida ¿ou tampouco?