Por Galicia Confidencial | Angigua | 08/03/2022 | Actualizada ás 21:35
Moitos iates apostan por regresar a Europa desde o Caribe en abril ou maio. É o mellor momento para estar ben ao norte cando se achegue a tempada de furacáns do verán. A idea é atoparse en latitudes de 35ºN a 40ºN antes de que chegue xuño, aínda que neste mes aínda é pronto para esperar furacáns. Pero estando xa ben ao norte conseguiremos minimizar o risco de ter que pelexar nunha tormenta tropical ou con ventos tempestuosos.
Así, teremos tempo suficiente para expor unha ruta máis cómoda que faga escalas en Bermudas, antes de afrontar o tramo principal de navegación rumbo ás Azores onde é recomendable recalar un tempo para descansar e gozar deste fermoso arquipélago volcánico. O percorrido directo que moitos navegantes elixen das Illas Virxes ou Antiga cara a Azores é de 2.200 millas náuticas, aínda que debemos sumar trescentas ou catrocentas millas máis, pois no canto de facer liña recta pola ortodrómica, gañaremos primeiro bastante Norte até a latitude 30ºN ó 35N antes de virar ao Leste cara ás Azores.
Ao longo destas semanas irei contándovos como é esta nova experiencia polo Atlántico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.