Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/03/2022 | Actualizada ás 14:30
Diversos medios británicos, entre eles The Telegraph, The Daily Mail ou The Guardian, volveron relacionar a Galicia co tráfico de drogas apuntando que é a "porta de entrada de cocaína desde América a Europa". E todo, por unha pregunta formulada nun programa da TVG sobre o custe do prezo dun gramo de cocaína.
"Cal é o prezo medio dun gramo de cocaína na rúa?". Esta é a pregunta que o presentador do espazo da TVG Atrápame se podes fixo a unha nai e a súa filla que estaban concursando no mesmo. Unha pregunta que deixou confusa ás dúas mulleres que acabaron acertando a pesares de que as dúas comentaron que "non o sabían".
Unha pregunta que está percorrendo as redes sociais e causou unha gran polémica, tanto en FB coma en Tuiter, onde foron numerosos os usuarios que lle recriminaron á TVG este tipo de preguntas en espazos de máxima audiencia.
Tamén os medios británicos recolleron a polémica e a relacionaron coa "histórica relación" de Galicia co narcotráfico. Algún xornal mesmo vinculou esta cuestión coa serie "Fariña" e lembraron que Galicia "ten unha reputación como ser un das portas principais a Europa para cocaína desde América do sur".
DESCULPAS
A CRTVG xa pediu desculpas pola emisión desta pregunta e di que "non estaba no ánimo do programa infravalorar o grave problema que supón a drogadicción". Nun comunicado, sinala que a "formulación desa pregunta non era a adecuada, máxime tratándose dun programa de cuestións sobre cultura xeral".
A Corporación Radio e Televisión de Galicia, que destaca que eliminou o programa do seu contido en liña, subliña que o compromiso dos medios públicos na loita contra a drogadicción é incuestionable. Pola súa banda, a produtora do programa Voz Audiovisual considera que a pregunta "nunca debería exporse" da forma que apareceu en pantalla.
Ademais, explica que o dato que respondía á cuestión "Cal é o prezo medio dun gramo de cocaína na rúa?" aparece recollido no informe do Observatorio Español das Drogas e as Adiccións (CEDA), que elabora cada ano o Ministerio de Sanidade do Goberno de España, pero "foi trasladado aos concursantes cunha formulación inoportuna".
O episodio retransmitido en Galiza, o do norte-rexión occidental de España que deveu un das portas europeas importantes no comercio de fármaco. Netflix?s Costa de cocaína é sobre Galiza. Amazon?s Operación a marea Negra é un dramatisation da 2019 captura dun submarino que leva tres toneladas de cocaína da rexión?s Costa.
O espectáculo de proba é popular na rexión de noroeste de Galiza, unha área de España que ten unha reputación como ser un das portas principais a Europa para cocaína desde América Do sur.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.