Budiño reaparece cunha canción na que mestura música electrónica, pop e tradicional

Regresa logo de tres anos de silencio coa canción 'Muiñeira da Lúa', adianto do seu novo disco.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/03/2022 | Actualizada ás 15:20

Comparte esta noticia

O músico galego Budiño volve logo de tres anos de silencio coa canción 'Muiñeira da Lúa'. Este tema supón o adianto do seu novo disco no que fusiona a música electrónica, pop e tradicional. O artista lanzará o seu novo álbum ás 00,00 horas do venres 11, unha mirada ao "pasado, presente e futuro do artista".

Xosé Manuel Budiño
Xosé Manuel Budiño | Fonte: DITO & FEITO COMUNICACIÓN - Europa Press.

Tras estes anos de silencio, Budiño retoma nesta canción elementos significativos da súa traxectoria, como é a súa representativa gaita branca e a música pop que avanzou no seu último disco, 'Fulgor'. Con todo, esta nova canción introduce novidades, como as voces femininas e a percusión tradicional, así como o uso da música electrónica.

O artista quixo lembrar que esta mestura non é nova para el xa que xa hai máis dunha década, en 2010, publicou 'Volta', unha canción na que xa experimentaba coas posibilidades da música electrónica e folclórica.

O videoclip da canción dirixiuno Jacobo Gayo, un fotógrafo e videógrafo de Moaña que gañou o premio a mellor videógrafo na categoría de anuncio audiovisual en 2019, 2020 e 2021. Ademais, tamén gañou o premio Lux Bronce de fotografía de moda en 2018 e 2021.

No videoclip mestúrase a estética 'retrofuturista' con iconas tradicionais galegas, buscando crear, segundo o artista, unha estética "vertixinosa" e un ritmo "frenético".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta