Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/03/2022 | Actualizada ás 11:00
Na catedral de San Martiño en Ourense pódese observar un entramado de cravos ou pinchos cubrindo prácticamente a totalidade das cornisas do edificio. Varios veciños da catedral alertaron a Ecoloxistas en Acción do falecemento de varios cirros ou anduriñas de cú branco atrapadas nestos cravos.
Na catedral sóen aniñar cirios e anduriñas, pero tamén se pousan nestas cornisas parellas de gralla cerexeira ou especies como a lavandeira branca ou a cegoña branca. Sinalan que moitas destas aves son especies protexidas.
Ante esta situacion, o grupo ourensá de Ecoloxistas en Acción instou á conselleira a que ordenen a retirada dos cravos e pinchos antiaves. Ademais ven necesaria a paralización da actividade perturbadora do aniñamento dos cirrios, xa que durante os meses de abril e maio teñen lugar a construción dos niños, as postas e a incubación dos pitiños.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.