A crise do PSOE local da Coruña está pechada para Formoso

A preguntas da prensa en Santiago, defendeu "a política real dun goberno municipal" coa aprobación esta semana dos orzamentos da Coruña e coa conexión ferroviaria co Porto Exterior.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2022 | Actualizada ás 16:25

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, deu por resolta a crise do goberno local da Coruña, nunha semana na que dimitiu o edil socialista Juan Díaz Villoslada.

A preguntas da prensa en Santiago, defendeu "a política real dun goberno municipal" coa aprobación esta semana dos orzamentos da Coruña e coa conexión ferroviaria co Porto Exterior.

Así, "independentemente das cuestións do día a día, o importante é que esta semana ten orzamentos municipais", que son "históricos" e suporán "o maior investimento en infraestruturas e servizos públicos" na cidade herculina.

Así mesmo, pon en valor a licitación da futura conexión co Porto Exterior, que "xa é unha realidade", o que fai que "este motor estratéxico para o norte de Galicia poida despegar con toda a súa forza e intensidade".

Rolda de prensa do secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, co catro líderes provinciais
Rolda de prensa do secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, co catro líderes provinciais | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta