Convocadas as axudas Erasmus+ para estudantes de ensinos artísticos superiores públicos de Galicia

Son axudas de mobilidade complementaria da Unión Europea.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2022 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

A Xunta convoca as axudas de mobilidade complementaria da Unión Europea no marco do Programa Erasmus+ para o alumnado que cursa ensinos artísticos superiores en centros públicos de Galicia e participa nesta convocatoria no curso 2021/2022.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade destinou 40.000 euros a esta bolsa e os beneficiarios recibirán entre 125 e 195 euros ao mes, a maiores das axudas europeas, dependendo do país de destino.

Para os países do grupo 1 os estudantes recibirán 195 euros ao mes: Dinamarca, Finlandia, Irlanda, Islandia, Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega, Reino Unido e Suecia. Nos países do grupo 2 recibirán 165 euros: Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Grecia, Francia, Italia, Malta, Países Baixos e Portugal.

Para os do grupo 3 os beneficiarios terán 125 euros ao mes: Republica de Macedonia do Norte, Bulgaria, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, Republica Checa, Romanía, Serbia e Turquía.

A Xunta explicou nun comunicado que o obxectivo da convocatoria é "facilitar a mobilidade do alumnado" destes ensinos "promovendo que adquiran experiencias formativas enriquecedoras en países diferentes do de orixe".

PRAZOS

Para solicitar a axuda terase que facer todo por vía telemática a través de calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta. O prazo será ata o 4 de abril.

A estas axudas poderán acollerse todos os estudantes galegos que estean matriculados neste curso académico 2021/2022 en calquera dos centros públicos de ensinos artísticos superiores en Galicia, ser beneficiario da bolsa Erasmus+ e haber tenidoderecho neste curso ás axudas europeas. Non poderán solicitar a bolsa aqueles que xa gozaron desta bolsa en anos anteriores nin aqueles que, ao non ter unha nacionalidade española, realice a mobilidade ao seu país de orixe.

estudantes erasmus - eleconomista.es
estudantes erasmus - eleconomista.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta