Última hora.- Buscan a membros de ETA en Galicia

As forzas de seguridade están en alerta ante a posibilidade de que se poida cometer algún atentado en Galicia, tanto de ETA coma do grupo Resistencia Galega...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/07/2007 | Actualizada ás 15:10

Comparte esta noticia

As forzas de seguridade tamén barallan a posibilidade de que membros de Resistencia Galega teñan contactos con ETA e que tamén poidan actuar en torno ó día 25 de xullo. Existen informacións que sitúan a algúns actividas deste grupo en Portugal.

Ante estas informacións, obtidas tras as últimas detencións de membros de ETA, tanto a Policía como a Garda Civil redoblaron os controis de acceso a Galicia, tanto por Portugal, como pola Meseta, así como nos aeroportos galegos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

18 galiza ceive!

si, espero que os collan a todos. Dame moita intranquilidade pensar que agora mesmo pode haber un coche bomba polas estradas dalgun sitio da península movendose para estoupar.

Dende logo, estan a intentalo a diario.

Ánimo policía! Estades a facer estes días un bo traballo. Pero os etarras son moitos, e en calqueira momento algún pode acadar o seu obxetivo.

Apoiarei o goberno e as forzas de seguridade se eso ocorre, se ningun reproche, porque debemos de estar orgullosos do traballo profesional que están facendo.

Os reproches os que intentan minisvalorar ese traballo xa virán, e non lle falta moito.

17 Lois

Qué valentes son os de ETA cunha pistola na man!!

Estou ata as pelotas deles

Os medios sanguinarios e cobardes que empregan non teñen xustificaciòn ningunha.

E sí, en Galiza tamén pode haber atentados destes merdeiros, o mesmo que o querían facer en Tarragona poden facelo en Taragoña.

A ver se os pillan....

16 Oscar

Totalmente de acordo. Dende que romperon o proceso de paz ¡a por eles, que non quede ningún libre! Se o proceso de paz non funciona agora, ao mellor funciona cando non teñan nada que perder e todo que gañar, ou sexa; cando estean todos no cárcere.
E mira como o PP critica o suposto diálogo con ETA, pide as actas que non existen (é coma se eu fago unha acta cunha conversa miña nun bar), pero non hai ninguén no PP que se atrava a alabar as detencións. ¡¡¡Falsos!!! Ídevos enterrar nunha montaña de ácido bórico.
E certo, moi valente o de PAtxi Zabaleta.

15 galiza ceive!

Aproveito a ocasión para dar o meu total apoio o goberno do estado que está a loitar eficazmente contra os terroristas, que están por tódolos xeitos de poñer bombas, asasiñar a xente, e influir na nosa democracia.

Cada día escoitamos unha nova victoria das forzas do estado. Pero non debemos de esquecer que calqueira dia despertamonos cun bombazo. E non vexo que a oposición esté a dar o seu apoio o goberno. Quizas escócelle que non foron capaces de desarmar a eta como ó está facendo o goberno estes días? En canto os terroristas comezaron a moverse e a mostrarse, estan caendo como moscas.

ETA debe de estar totalmente rabiosa. Quere matar, e non pode. Por primeira vez na democracia, estalle costando realmente traballo poñer bombas. Deben de estar histéricos, e iso fai a banda especialmente perigosa.

Ademáis, deben de estar fora de sí o ver que patxi zabaleta, que arrisca a súa vida por sair do mundo da violencia ponse por apoio popular como a segunda forza.

14 Félix

Precisamente porque é un asunto serio, na miña opinión só deberíamos tratar e difundir informacións moi concretas (as que se poida e "deixen"...) Sen dúbida, a Redacción de Galicia Confidencial publicou o texto porque o asunto está a ser tratado noutras web e mesmo nos medios convencionais. Eu só subliñaría unha cousa: ETA é moitas máis veces protagonista informativo grazas ao PP e aos medios que polas súas accións. Hai accións e feitos --delictivos ou non-- tanto ou máis relevantes que durmen non sei onde...