As secuelas da "longa noite de pedra" en Galicia: sen actividade educativa nin transporte ferroviario

A Xunta decidiu na noite do luns suprimir a actividade lectiva para "aforrar combustible". Renfe anuncia que o servizo ferroviario segue sen servizo ata novo aviso. Os caixeiros comezaron a funcionar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2025 | Actualizada ás 09:10

Comparte esta noticia

Galicia viviu unha "longa noite de pedra", recuperando e pervertindo o famoso verso do gran Celso Emilio Ferreiro. Hai electricidade, luz e gas nas principais cidades do país, pero núcleos como O Barbanza ou poboacións máis illadas seguen sen elecricidade. Tampouco hai servizo ferroviario.

Arquivo - Dúas nenas  acoden ao colexio.. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Dúas nenas acoden ao colexio.. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

A Xunta enviou unha comunicación aos equipos directivos dos centros da comunidade na que se ratifica que, seguindo instrucións recibidas polo Goberno central no nivel 3 de emerxencia, estes deberán permanecer abertos. O obxectivo, segundo fontes consultadas por Europa Press, é que se poida atender "calquera incidencia", pero manterase a suspensión da actividade lectiva e do transporte escolar.

O Goberno galego pediu "comprensión" ás familias, dado que algúns centros, apuntan as fontes consultadas, poderían non ter preparada a apertura para a primeira hora do día "debido á dificultade para establecer as comunicacións".

PROBLEMAS NOS TRENS

A pesar de que algúns núcleos de proximidade e liñas de Alta Velocidade están a recuperar a normalidade de forma progresiva, Renfe informa que em Galica  non será posible até novo aviso.

 

Na última nota de prensa emitida polo Ministerio de Transportes ás 8.00 horas da mañá advírtese dos servizos suprimidos até novo aviso. Entre eles figuran o Avant entre Ourense e A Coruña, así como os convois do Eixo Atlántico entre Vigo, Santiago de Compostela e a cidade herculina. Esta parálise afecta tamén ao Ancho Métrico e as frecuencias de proximidade entre Ferrol e Ortigueira e á liña de Alta Velocidade cara á Meseta. Segundo informou o propio Ministerio non poden circular a AVE, Avlo e Alvia a Madrid "por falta de tensión a partir de Sanabria".

 

Tal e como ocorreu onte, tampouco poderán realizar os seus traxectos os trens diésel como o Celta que conecta co Porto ou os rexionais que circulan polas liñas convencionais.

 

AUTOBUSES COMO ALTERNATIVA

A Xunta de Galicia informou de que reforza o servizo de autobús mentres continúe suspendido o transporte ferroviario en Galicia. Ante esta situación, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes decidiu reforzar o servizo de autobús para atender a todos eses pasaxeiros afectados. Ademais, nos horarios habituais de cada liña haberá máis prazas dispoñibles.

Os reforzos principais concéntranse no eixo atlántico A Coruña-Santiago-Vigo; corredor A Coruña-Santiago Ourense; corredor A Coruña-Ferrol; corredor A Coruña-Lugo. Renfe roga a quen tiñan previsto viaxar, que non acudan ás estacións ata novo aviso, posto que ofrecerán información "con antelación suficiente". Lembran tamén que quen o desexen poden pedir o reintegro ou o cambio sen custo por todas as canles habilitadas.

NORMALIDADE NOS AEROPORTOS

No que respecta ao transporte aéreo, Aena informou de que todos os aeroportos españois están operativos. Recomendan aos pasaxeiros que chequeen o estado dos servizos de transporte público que chegan aos aeroportos e consulten coa súa aerolínea o estado do seu voo polas posibles reprogramaciones deste luns. Destacan ademais que esta pasada noite, os aeroportos adaptaron os seus horarios ás necesidades dos pasaxeiros reprogramados, sen grandes aglomeracións nas terminais.

 

Os usuarios de trens e avións poden reclamar ás compañías os gastos de comida e aloxamento que tiveron que asumir como consecuencia das cancelacións provocadas polo apagamento deste luns en España, aínda que a suspensión da actividade sexa por causa de forza maior. Así o manifestou FACUA-Consumidores en Acción.

 

OS CAIXEIROS COMEZAN A FUNCIONAR

 

Tamén os caixeiros e a atención en oficinas está a restablecerse con normalidade, aínda que as entidades seguen monitorando a situación tras o apagamento que sufriu onte a Península Ibérica, segundo indicaron diversas fontes do sector a Europa Press. Fontes do Banco de España aseguran que hoxe seguen monitorando a situación e que o mesmo luns as entidades constituíran comités de crises.

 

NOITE TRANQUILA

O gran apagamento obrigou a despregar un operativo policial "sen precedentes" para garantir a seguridade cidadá. Segundo fontes da Delegación do Goberno consultadas por Europa Press, Galicia viviu unha noite "tranquila", a pesar de que o 112 atendeu case 2.500 chamadas e xestionou máis de 700 incidencias durante o día.As incidencias máis repetidas durante as primeiras horas tiveron que ver con persoas atrapadas nos ascensores de edificios de toda a Comunidade, que requiriron a intervención dos servizos de emerxencias.

Durante a tarde, as máis repetidas foron aquelas de carácter social, como asistencia a persoas con mobilidade reducida ao non funcionar os ascensores, así como unha trintena de dúbidas ou incidencias relacionadas co funcionamento de máquinas de osíxeno. Só na provincia de Pontevedra, ata 91 patrullas (60 da Garda Civil e 31 da Policía Nacional) operaron durante a noite nun despregamento nocturno "sen precedentes", segundo informou o subdelegado do Goberno, Abel Losada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta