Última hora.- Buscan a membros de ETA en Galicia

As forzas de seguridade están en alerta ante a posibilidade de que se poida cometer algún atentado en Galicia, tanto de ETA coma do grupo Resistencia Galega...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/07/2007 | Actualizada ás 15:10

Comparte esta noticia

As forzas de seguridade tamén barallan a posibilidade de que membros de Resistencia Galega teñan contactos con ETA e que tamén poidan actuar en torno ó día 25 de xullo. Existen informacións que sitúan a algúns actividas deste grupo en Portugal.

Ante estas informacións, obtidas tras as últimas detencións de membros de ETA, tanto a Policía como a Garda Civil redoblaron os controis de acceso a Galicia, tanto por Portugal, como pola Meseta, así como nos aeroportos galegos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

3 ruben

Estadesnos a tomar por tontos?? a quen pretendedes asustar dicindo que andan terroristas sanguinarios soltos por o noso país??? Quen se vai tragar o conto de que eta vai atentar contra turistas civís?? jajajaja dades pena, como vos estades acojonados e tedes que andar escoltados queredes que nós tamén nos sintamos ameazados pero non cola, se andades escoltados e acojonados pola rua parate a pensar porque, ¿ non será por que non eres tan bó como nos queres facer pensar?? a chorar non veñas a cangas. A eta e un problema vasco-español, non veñades a tocar os collón a galicia, que xa temos bastante cos atentados da guasa civil

2 Euloxio

Non entendo ben. Creo que o asinante desta información andaba nervioso cando a redactou. ¿Que información se obtivo das últimas detencións de membros de ETA?

Que vai haber moitos turistas en Galicia?

Que son dous os membros do comando? E se iso xa o saben, por que non os deteñen?

Que poderían ter relación con Resistencia Galega?

Que algúns activistas deste grupo (de que grupo) estarían en Portugal?

Fai falta un pouco máis de rigor, incluso cando a policía nos conta algo

1 uxio

¿Que fontes? ¿Fontiñas?