Bugallo non descarta pedir escolta policial para camións pola folga de transportistas

Di que hai varias obras afectadas por esta folga e hai que trasladar os lodos da depuradora.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2022 | Actualizada ás 11:38

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, apuntou que a folga de transportistas está a ter "consecuencias importantes" nas obras da cidade, sen descartar, ademais, pedir escolta policial para trasladar os lodos da depuradora se esta situación se mantén.

A preguntas dos xornalistas, coincidindo coa rolda de prensa que ofreceu para presentar o anteproxecto dun carril bici entre as rotondas de Milladoiro e Volta do Castro, asegurou que hai "varias obras" na cidade que están afectadas por esta situación, en concreto por non chegar a subministración de formigón.

En particular, sinalou que existe "preocupación" polo traslado dos lodos da depuradora de Silvouta a un centro de tratamento. Así, dixo que "se entre hoxe e mañá" non existe posibilidade de acometer este traslado pedirán á Delegación do Goberno que a Garda Civil "escolte" este tipo de transporte "porque non poden estar aí".

"Máis aló deste fin de semana non se soporta, non é o sitio para que se acumulen", recalcou o alcalde de Santiago sobre a situación dos lodos.

Coche patrulla
Coche patrulla | Fonte: Policía Nacional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta