Ollo cos sistemas de mensaxería instantanea: envían información da xeolocalización dos usuarios

Expertos advirten sobre a importancia de protexer a nosa privacidade ante situacións bélicas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/03/2022 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

"A guerra non avisa, como estamos vendo. E non nos importa a nosa privacidade en aplicacións de redes sociais ata que non nos damos conta das consecuencias", explica Quelic Berga, profesor dos Estudos de Informática, Multimedia e Telecomunicación da UOC e experto en metadatos, advirte ante o conflito bélico que enfronta Rusia con Ucraína sobre a importancia de protexer a nosa privacidade.

Imaxe dunha persoa falando por WhatsApp
Imaxe dunha persoa falando por WhatsApp

Na actualidade estamos asistindo a unha guerra tecnolóxica entre WhatsApp, unha empresa estadounidense, e Telegram, unha corporación rusa, máis en termos de Occidente contra Oriente que en termos de capitalismo contra comunismo.

"Se tes que enfrontarche a un xuízo, un xuíz ou o fiscal poden pedirlle a WhatsApp ou a calquera outra aplicación que proporcione toda a información que ten de ti: indícase na letra pequena desas condicións de uso que aceptamos sen ler", explica Berga.

A diferenza entre os anteriores conflitos bélicos en Occidente e a actual guerra en Ucraína é a aparición non só de Internet, senón, sobre todo, dos sistemas de mensaxería instantánea, espazos nos que se comparte información con persoas de confianza: gustos, afeccións, lugares que se frecuentan, ideoloxía política...

METADATOS

O experto da UOC advirte de que o usuario medio de WhatApp e Telegram non é consciente de que está a enviar constantemente información sobre a súa localización, horas de uso e mesmo conversacións privadas aos servidores. E tanto Telegram como WhatsApp utilizan os metadatos para beneficio propio.

Telegram non encripta os datos por defecto, "o que fai que esta aplicación sexa tremendamente insegura en caso dun requerimento xudicial ou dun ataque informático", afirma Berga; toda a información que un usuario envorca nesta rede é susceptible de ser utilizada, coa excepción dos chats secretos.

Pola súa banda, WhatApp recolle os metadatos dos seus usuarios e, a pesar de que encripta as conversacións persoais, non o fai coas comerciais, é dicir, coas canles que ofrece a empresas para que estas poidan ter unha liña directa cos seus clientes. Con todo, aínda que non poida acceder ao que se di nos seus chats, recolle datos sobre a xeolocalización.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta