Por Galicia Confidencial | Santiago | 17/03/2022 | Actualizada ás 20:06
Novo colpaso en Urxencias do Chus. É a denuncia que fai a Asociación de Pacientes e Usuarios do Chus tra o acontecido o pasado día 16 de marzo os corredores de acceso do servizo de urxencias do hospital santiagués permaneceron durante toda a tarde ocupados con pacientes graves en cadeiras de rodas e padiolas.
Ademais, a entidade critica que este 17 de marzo, ás 14:40 horas, sete pacientes graves estaban colocados nos corredores de acceso en cadeiras e padiolas agardando a ser trasladados ás zonas de atención. A esa mesma hora eran 42 os pacientes con ingreso asinado os que estaban ocupando os espazos destinados a observación. Mentres tanto a antiga sala de paliativos do Hospital Gil Casares segue pechada.
"A xerencia do centro hospitalario ca colaboración estreita e directa do coordinador do servizo segue vulnerado unha e outra vez o dereito fundamental dos pacientes a intimidade e dignidade e se nos sigue colocando nos corredores de acceso", denuncia a asociación. Así, critica que hai unha "vulneración flagrante da legalidade" porque " actúan impunemente e perseguen aos profesionais que antepoñen aos pacientes e ao código deontolóxico da profesión médica fronte a calquera outra consideración".
Neste sentido, indica que, a pesares de contar con maiores espazos, "segue facéndose un uso indebido das instalacións de urxencias con prexuízo para os pacientes graves que precisan atención nos lugares destinados a este fin". "Nunca antes as urxencias tiveron un número tan elevado de pacientes con ingresos asinados o que quere dicir que se opta por manter camas pechadas e empregar os lugares destinados aos pacientes que precisan ser observados como zona de espera ata que se produza o ingreso en planta", engade a entidade nun comunicado.
Por iso, responsabiliza á xerencia do CHUS e ao seu equipo directivo de dar cumprimento ás recomendacións e protocolos ditados pola administración sanitaria para os servizos de urxencias, adoptando as medidas necesarias para facelos efectivos. De acordo co informe do ano 2010 (actualmente vixente) do Ministerio de Sanidade e Política Social sobre estándares e recomendacións para as unidades de urxencias hospitalarias, “a área de observación non debe empregarse cando se ordenou o ingreso en planta, como subestación previa do mesmo, salvo que non existan camas dispoñibles".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.