Pintar o vento

Nos anos 90, na miña cafetería favorita en Compostela, a Airas Nunes que está moi próxima á Catedral, cheguei a coñecer a daquela realmente magnífica revista británica chamada Independent on Sunday. Nela, vin un día un detalle sorprendente ao cal a publicación non lle daba importancia: un artista lograra pintar o vento.

Por Ramón Torrado | Ribeira | 19/03/2022

Comparte esta noticia

Veñen á mente algunhas cancións que mencionan o vento:

BOB DYLAN – Blowin’ In The Wind

BOB SEGER – Against The Wind

BRYAN FERRY - Windswept

CAMILO SESTO – Con el viento a tu favor

CHRISTOPHER CROSS – Ride Like The Wind

FRANCO BATTIATO – Vento caldo

GEORGE MICHAEL – Wild Is The Wind

JIMI HENDRIX – The Wind Cries Mary

KING CRIMSON – I Talk To The Wind

LA DAMA SE ESCONDE – Coge el viento

MANU CHAO – El viento

NOIR DESIR – Le vent nous portera

SCORPIONS – Wind Of Change

THOMAS DOLBY – Windpower

Como na canción dos Scorpions, hai un sentimento cada vez máis poderoso que consiste en anhelar un vento que traia cambios. Que fuxan os ventos malos e que veña un céfiro suave e mesmo pracenteiro que marque a paz no mundo. É preciso que – a falta talvez de grandes estadistas – interveñan mentes brillantes do mundo a salvar o presente e o futuro.

Na India e na China e en toda Asia, en África e nas Américas, en Europa e en Oceanía, os seres humanos deberán mostrar o mellor de si mesmos para coordinar o benestar da Humanidade enteira. O reparto de alimentos, a distribución de vivendas e traballos, a investigación científica, as medidas ecolóxicas, a cultura e a educación: todas estas parcelas terán que ser promocionadas para o ben común.

A luz creativa que nos distingue será como a do pouco coñecido pintor do cal lamento non lembrar o nome. Nunha esquina da revista aparecía o seu cadro campestre: unha casa solitaria, rodeada de árbores. Da cheminea sae fume torcido nun ángulo moi agudo a causa do vento invisible: é a solución que está aí e que temos que intentar ver.

Un home protéxese do vento e a choiva na zona da Torre de Hércules. M. Dylan - Europa Press
Un home protéxese do vento e a choiva na zona da Torre de Hércules. M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Ramón torrado Ramón Torrado Romero (Araño-Rianxo, 1966). Educado en Galicia, no País Vasco e nos Estados Unidos. Licenciado en Filoloxía Inglesa na USC, é profesor de instituto. Investigador rosaliano. Foi colaborador en Certo, xornal dixital de Barbanza. Ten escritas catro novelas, un libro de relatos e outro de viaxes, entre elas, Rebeca no val das sombras ardentes (Toxosoutos, 2018) e "Torino" (Axóuxere, 2021), a súa última obra publicada.