Hoxe quero precisamente compartir un dos moitos artigos que consultei durante aqueles anos. Debo antes de nada pedir desculpas porque a fotocopia que teño, bastante deficiente, está sacada dun xornal microfilmado que se conserva na biblioteca universitaria de Fonseca. Por desgraza, non apuntei nin a data nin o nome do xornal, pero é probable que se trate de “La Noche”, que se publicou entre 1946 e 1967.
O autor deste texto, que intentarei transcribir coa axuda dunha lupa, é o prosista galego que máis admiro, o ourensán Ramón Otero Pedrayo.
O epígrafe é o seguinte: “Temas Composteláns. A capa de Aurelio. Por R. Otero Pedrayo”. Con sumo respecto, entramos no elegante e nobre estilo de Don Ramón.
“A capa de Aurelio”
Os silencios eran aínda novos. Decatábanse sorprendidos e solos. Dinantes o elemental silencio cósmico descido en nevada de silencio pousaba, e sentíase acollido no palmear dos coros, decorría nas regoadas pousas das horas canónicas. Cada convento e mosteiro e capela tiña se xiro e o arredondeaba ó seu estilo. Un sonoro bosque de coros, San Martiño, San Paio, San Agostiño, San Francisco, San Pedro de Afora, Santo Domingo, San Lourenzo, e os conventos de relixiosas e Conxo onde no bosque o xasmín faise fermoso e triste Narciso de ulido ó amparo das nais carballas emoroadas co delirar do lirismo sin caveto. O Bosque de Conxo, o de Brorelianda pra Compostela e seus alboreceres de floresta pechos dende aquil momento algus probes silencios tamén como os monxes excraustrado. Pois todo estudo que se faga da Desamortización fica entre Sar e Sarela valeiro si lle toller a desesperanza dos silencios. Nas grandes cunchas cóncavas deshabitadas o silencio tivo medo de si mesmo. As obras dos homes precisan da palabra o seu recordo vivo pro agrimaas a pantasma da palabra. Foron tempos de mortes medoñas, de unha Compostela acio rexida pola Catedral e as parroquias, moi amantes e ben amadas. Pro as xentes precisaban de tempo exemprar dos conventos. Na pelerinaxe cristián das cidades históricas os mosteiros, os colexios antigos, os hospidales, sinifican unha ordeación trascendente do tempo. Son os enxamos das abellas da pura mel, o idealismo incorporado, a veciñanza da exempraridade e unha fermosa disciplina diante a Morte. Calaron moitos ramos de son desfollados. Seus derradeiros pétalos recenderon aínda longo tempo nalgunhas vidas. E tamén outro silencio: o do traballo. Calaron os picos e cinceles, as duras voces e cantos de pedra orballada dos pedreiros e non levou frescor ás lousas e ós soportais a branca e húmida madeira, as franxas de viruta dos obradoiros carpinteiros que tellen gracia e un pormeter e recordare de fresquío mariñán. As correspondencias sono e mar; escuma e abrente: canto das torres e devalar das horas, tiñan particular valencia na ciudade composta como un sistema arredor de un eixe de iñorados polos de intuición de eternidade. E a xente dende o 37 por sazós longas non era dona de aturar o silencio cósmico, viño de silencio, demasiado rexo ó lle fallar a arte das cesuras e das variacións monástecas. E as noites amestaronse de sombras agrimadas, de sombras como espectros de silencio.
Seguire o escudriñare iste sentimento nas xeneraciós, aos poetas Neira, Moreno Astray, Rosalía a millor bogante na amargura de aquil mar, Murguía e ¿non pode cruzar pola gandra pondaliana calquera iñota sombra dos silencios de anguriosas cúpulas valeiras? Pode ser o motivo dun estudo tomioso, mantido de si mesmo como as lampadas dos antigos envolveita como o illado farol da parede do San Paio no bruido sin tempo do chover. Pro foi no miudo o orgoloso Aurelio onde fixo correspondencia rebelde e anguriada de voz human. A mais apachucada e a de acento mais forte. Cecais por medo . O medo fai medrar a potencia das voces. E a de Aurelio soando outa e sola co medo dos brazos informes de silencio oufegante foi pra moitos a vos e tema de unha epoca. Non era Aurelio un analitico duro nin un apaixoado saudoso de alem mundo e cecais o seu lume de uñeca chama briladora deixou cinzas de (ilexible) de vaidade de xenio non amado. Solo en Rosalía – despois cando os silencios foro como musgos e (ilexible) – florecen en ramos de noite sobre caladas augas fuxidías aqueles calares de Compostela. E niste meandro do pensar e valeira a custion de si eles – ela e il – se decataron do seu sentimento ou en que mesura e fondura.
Miudo, probe, nervioso, Aurelio, vaga pola noite de San Yago ca sua capa recurtada nas teebras fuxindo do silencio, maxinando marmulos de mar, tatexares de quente e doce peito de muller, acariño de voce verde de espigas novas, grave de (ilexible) de viños de amor no corazon. Franqueoulle un romantismo xa escolástico a formula do verso e sua craridade surprenden as xentes. Pra os silencios e a voces sustantivas, millor tomo ecos dos poemas de Aurelio, están enteirados do medo de aquis silencios e do gosto e vinganza de os crebar, como se creba un espello tiránico, ou se berra na soedade. Mais tamen é lexitima a teoria de si a tristura e anguria do poeta remanece de non poder alentare naquil silencio, de o vencer cinguindose a il, vastandose con il como ca sua propia armadura como fixo Pondal ... silencios gandreiros. A podente version do silencio de Sant-Yago non foi enteirada. E cando coidamos sentir o voo de proceia, ou de ave de naufraxio no esquinal da Via Sacra, nos portales da Travesa, nun latexar de sombras dooridas agasallando algo triste, miudo e levián na praza do Hospital, a capa de Aurelio figúrasenos voar repentida. Cecais non foi dono da voce e o ton valente pra ordear en sistemas o silencio. E o mesmo silencio, seu pesadelo – pode ser no fondo seu amor – o envolveu e afogou nas ondas frías do seo do San Amaro menos acedas que as ondas da Quintán.
Este é o texto que tiña gardado e que encontrei hoxe organizando o cuarto e os pensamentos. De novo, pido desculpas por non poder dar unha visión máis precisa do mesmo. A calidade da fotocopia pode ser que explique cada til que falta, ou palabras que non están transcritas correctamente.
Nótanse no artigo as particularidades da fala no seu día. Quedan para atesourar os acertos estilísticos e visionarios do autor, un verdadeiro artista que nos ilumina coa poesía da súa alma egrexia.
O suxeito deste opúsculo é un mozo que soamente viviu 25 anos, antes de falecer de forma misteriosa na coruñesa praia de San Amaro. As obras que podería ter feito son unha desas imposibilidades que traen sufrimento, unha perda para a literatura, pois os poemas de Aurelio amosan virtudes que gañaron a admiración de Rosalía e do propio Ramón Otero Pedrayo. O poeta da capa non debe quedar xamais no silencio do esquecemento.