Yolanda Díaz, sobre o xiro do PSOE no Sahara: "as formas non foron correctas"

A vicepresidenta segunda insta a "unha reflexión conxunta" do Executivo de coalición.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2022 | Actualizada ás 11:21

Comparte esta noticia

A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, apelou a unha "reflexión conxunta" do Goberno de coalición tras o xiro do PSOE para apoiar o plan de autonomía marroquí para o Sahara Occidental. Díaz expresou, á súa chegada aos premios Mestre Mateo na Coruña, a súa "tristeza" e a de Unidas Podemos por este cambio respecto ao Sahara e manifestou a súa preocupación pola reacción de Alxeria, que chamou a consultas ao seu embaixador en Madrid.

"Estamos a vivir momentos moi difíciles e creo que dalgunha forma o Goberno de coalición debe de reflexionar", subliñou Díaz respecto diso, en declaracións recollidas por Europa Press. Neste sentido, lamentou que á "gran crise económica e social" e á "crise enerxética de primeira magnitude", agora se sume "a crise co Sahara". "Apelo a unha reflexión conxunta do Goberno de coalición para estar á altura das circunstancias deste momento histórico", insistiu.

Díaz incidiu, ademais, en que non coñecía a posición do Goberno e lembrou que ela sempre traballa con "lealdade" ao presidente, Pedro Sánchez, con quen comparte todas as decisións importantes. Por último, sinalou que tanto o presidente como o ministro de Asuntos Exteriores, UE e Cooperación, José Manuel Albares, teñen que explicar por que deron este paso, de formas "non correctas".

A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, comparece tras a reunión do Consello de Ministros, no Complexo da Moncloa, a 22 de febreiro de 2022, en Madrid (España).. EUROPA PRESS
A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, comparece tras a reunión do Consello de Ministros, no Complexo da Moncloa, a 22 de febreiro de 2022, en Madrid (España).. EUROPA PRESS | Fonte: I.Infantes. POOL - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta