Convocada a folga do persoal das residencias da terceira idade e centros de día privados

Desde a CIG denuncia que "a actitude dictatorial desta patronal, dominada polo grupo DomusVi, está a converter ás residencias de maiores en fábricas de precariedade".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 22/03/2022 | Actualizada ás 16:53

Comparte esta noticia

A CIG enviou un comunicado para anunciar que as traballadoras e traballadores de residencias privadas da terceira idade e centros de día privados, "despois de dous anos con múltiples reunións de convenio e trala ruptura da mesa negociadora do mesmo, tomamos a decisión de convocar unha  indefinida no sector, dende o día 17 de marzo".

Manifestación de traballadoras de residencias de maiores privadas e centros de día de Galicia, nas rúas do centro de Vigo, para denunciar as súas condicións laborais e o bloqueo na negociación do convenio.. CIG VIGO
Manifestación de traballadoras de residencias de maiores privadas e centros de día de Galicia, nas rúas do centro de Vigo, para denunciar as súas condicións laborais e o bloqueo na negociación do convenio.. CIG VIGO

Esta decisión insírese no marco de mobilizacións que se "desenvolven por todo o país , denunciando as condicións de precariedade tanto salariais coma laborais nas que estamos a traballar, con salarios miserentos, que en moito dos casos non chegan ao SMI".

A  CIG denuncia que a actitude dictatorial da patronal, "dominada polo grupo DomusVi, está a converter ás residencias de maiores en fábricas de precariedade, empresas que fan caixa a custo dos usuarios, empobrecendo na calidade da atención que prestamos aos nosos maiores".

Á mesma vez, denuncian a actitude que en todo este tempo está a ter a Xunta de Galicia, coa súa conselleira de Política Social ao mando, Fabiola García, "que son sabedores da nefasta xestión que estas empresas están a realizar cos nosos maiores". Tamén acusan á Xunta de non exercer o seu labor inspector "e permite estas prácticas empresariais vergoñentas que mercantilizan e convirten aos coidados nun privilexio".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta