Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2022 | Actualizada ás 18:31
O milleiro de carteiros rurais que traballan en Galicia prestan xa a domicilio os servizos que, ata agora, só se ofrecían nas oficinas de Correos. Os traballadores empregan dispositivos electrónicos portátiles (PDAs) cos que poden realizar estes trámites, segundo informa Correos nun comunicado.
Entre os servizos a domicilio que se ofrecen está o envío e recibo de paquetería, o pago de recibos e tributos, a compra de embalaxes, sobres e selos ou xestións de servizos de luz, gas e telefonía. Ademais, tamén pode solicitarse o envío de diñeiro en efectivo e outros servizos demandados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.