Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/03/2022 | Actualizada ás 14:16
O Hotel Balneario de Compostela presentou un concurso de acredores por método abreviado sen avisar aos traballadores e traballadoras e unha xuíza decretou á disolución da sociedade, decretou o peche da empresa e por tanto o despido dos traballadores.
"Ao redor dun mes e medio máis tarde a empresa volveu abrir e seleccionou a 14 traballadores da antiga empresa cun novo traballo sen respetar os dereitos que tiñan previamente e aos demáis (18), mandaronos ao paro", explica Xosé Millás, delegado de hostalaría de CC.OO.
"Neste aspecto, a lei é moi clara, cando unha empresa volve abrir nun espazo de tempo moi reducido, os traballadores teñen dereito a que se lles subrogue nos mesmos postos de traballo e cos mesmos dereitos que tiñan antes ou que se proceda un despedimento de carácter improcedente coa consecuente indemnización", afirma.
Ao longo desta semana xa tiveron lugar varios xuízos e na sentenza deuselle a razón aos traballadores, xa que o xuíz considerou que os despidos son nulos. Sen embargo a empresa pode recurrir nun plazo de cinco días.
"Os traballadores piden a readmisión nos seus postos de traballo, e ante a negativa da empresa a subrogar ou indemnizalos por despido improcedente, seguirán coas concentracións diante do Hotel Balneario de Compostela para dar a coñecer a súa situación", concluíu Millás.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.