Diego Liñares, a piques de pasar as semifinais de 60m valos no campionato de España

Converteuse no primeiro deportista do MillaRaio en estar nunha proba nacional.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/03/2022 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

O pasado sábado 12 de marzo, o corredor Diego Liñares participou en Antequera no campionato de España sub20 en pista cuberta, o que o converteu no primeiro deportista do MillaRaio en estar nunha proba nacional sub20.

Imaxe de Diego Liñares no Campionato de España celebrado en Antequera
Imaxe de Diego Liñares no Campionato de España celebrado en Antequera | Fonte: Concello de Ames

Liñares quedou a piques de pasar as semifinais nos 60 metros valas. Ademais, na mesma fin de semana, o MillaRaio conseguiu tres medallas nos campionatos sub16, sub18 e sub20 de lanzamentos longos, e oito atletas estiveron nos galegos de pista cuberta sub10, sub12 e sub14.

No campionato galego, o pasado domingo 13, o MillaRaio acadou bos resultados nos lanzamentos longos celebrados no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. O club conseguiu tres metais nunha xornada con moito vento e chuvia, que dificultou que os deportistas participantes mellorasen as súas marcas persoais.

Nuno Castro gañou a proba de xavelina de 600 gramos sub16, conseguindo malia as condicións meteorolóxicas o seu mellor rexistro persoal, cun lanzamento de 37,94 metros. Tamén na categoría sub16, Pablo Cariñena levou o bronce en disco dun quilo sub16, chegando ata os 26,58 metros.

A participación sub18 tamén foi positiva, destacando a prata conseguida por Alfonso Labella no seu debut co martelo de 5 quilos, acadando os 41,50 metros. Ademais, o atleta sumou a esta actuación un sexto posto en xavelina de 700 gramos. Na modalidade de disco 1Kg, Julia González foi quinta, mentres que Álex Cabo foi sexto en xavelina de 600 gramos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta