Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 28/03/2022 | Actualizada ás 10:13
Unha muller foi achada morta no seu domicilio en Vila de Cruces (Pontevedra) por causas descoñecidas, aínda que os servizos de Emerxencias tratan de esclarecer se puido ser un escape de gas.
Segundo informou a Axencia Galega de Emerxencias, AXEGA, este domingo nunha mensaxe en Twitter, recollido por Europa Press, os servizos de Emerxencias atópanse investigando se un posible escape de gas puido causar a morte da muller, aínda que polo momento descoñécese máis información.
Ata o lugar dos feitos desprazáronse os Bombeiros da Comarca de Deza, efectivos do GES de Lalín, a Garda Civil e Protección Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.