Unha galega no Atlántico Norte (IV): Botados do porto de Xibraltar en pleno temporal

Maite Rojo, patrona de barco e atleta, que xa narrou no GC as súas travesías polo Atlántico e Pacífico, agora volve a relatarnos como é o seu día a día patroneando un veleiro desde o Caribe ate Valencia polo Atlántico Norte.

Por Galicia Confidencial | Valencia | 01/04/2022 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

Correndo o temporal, chegamos a zona do estreito de Xibraltar. Nunca vira tantos barcos xuntos. Nun momento dado eran 67 no punto de mira do radar. Con moi mala sorte atopamonos de cara coa terceira borrasca, que parece que se adiantou por unhas horas ademáis de ser mais violenta do que pensábamos tras as previsións da meteoroloxia.

Imaxe do veleiro co que Maite Roca chega ao Mediterráneo
Imaxe do veleiro co que Maite Roca chega ao Mediterráneo | Fonte: remitida

Miramos sorprendidos para a electrónica que apuntaba ata case 50 nudos de vento de levante. As ondas chegaban aos tres metros e viñan moito máis seguidas, espetando en nós. E iso,entrando no Mediterráneo, ollo!.

A sorte que temos é que o barco responde moi ben e que aguantou todo moi ben. Tras un día sabemos que a noite seguinte vai ser máis dura e isto nos fai ir parar a Xibraltar. De noite e cansados atracamos de costas no muelle da gasolina, e as autoridades informanmos por radio que temos que marchar por ser “estorbo para a navegación de entrada”. Non é verdade, por suposto, mais seguro que querem que paguemos por un amarre e fagamos entrada no país. Isto require facer uns papeis que sería imposible arranxar ás 12 da noite. Por iso temos que sair e fondear fora. Nunca en 20 anos de profesión me botaron dun porto habendo temporal fora, pero ás autoridades de Xibraltar son así. 

Pasamos noite con ondas cruzadas e vento forte, que fai bastante incomodo o movimiento do barco e eu non pecho ollo en case toda a noite. O día seguinte parece que calma. Facemos combustible,polo que poida pasar, e arranxamos un pouco o barco de todo o desastre. Despois de chequear varias sentinas, atopamonos con unha inundada que contém o piloto automático que agora non funciona. Malas noticias porque nos vai esgotar as poucas forzas tendo que levar todo a man.

Saímos xa dunha vez por todas do porto e todavía queda toda a mar vella. Pouco a pouco imos navegando e vai calmando 8 horas máis tarde. Dous dias nos separaron do noso destino ao cal chegamos xa sen vento e a motor. Sacando cabos e preparando defensas para atracar, temos un sabor agridoce na boca. Por unha parte contentos de chegar, pola outra, rematou a aventura. Dezoito días no mar e outras catro mil millas no peto. Só podemos dar gracias de que todos e o barco esteamos ben.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Noraboa pola feliz singladura... Descoñezo as normas que rixen no mar, pero sempre tiven interés en saber se os barcos que entran no Fondeadero de Cíes ao abrigo dos temporais pagan ou non pagan ao Porto de Vigo (?) Os fins de semana ás veces hai ata 5 ou 6 barcos enormes agardando no Fondeadero entrar ao Porto ! https://www.marinetraffic.com/es/ai... Non existen as mesmas normas en Xibraltar ou trátase simplemente de que os ingleses seguen sendo Corsarios ao Servizo da Raíña (?) Gracias por estar VIVA !