Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 01/04/2022 | Actualizada ás 18:54
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se somete a información pública o procedemento de inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas de parcelas dos montes 'Fixó e Portela' e 'Vilariño', de titularidade das comunidades de montes veciñais homónimas, ambas as do concello pontevedrés de Forcarei.
En concreto, detallou a Xunta nun comunicado, inscribiranse 42,24 hectáreas compostas por tres mouteiras de carballos, bidueiros e salgueiros. A partir deste sábado, calquera persoa física ou xurídica poderá examinar no Servizo de Montes da Xefatura Territorial de MedioRural de Pontevedra os documentos correspondentes a este expediente de inscrición e poderán presentar as alegacións que estimen oportunas nun prazo de dous meses, que tamén computarán a partir do sábado.
A Consellería do Medio Rural destacou que na actualidade existen 37 masas inscritas no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas: 2 na provincia da Coruña, 13 en Lugo, 15 enOurense e 7 en Pontevedra, cunha superficie total de máis de 2.862,73 hectáreas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.