Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/04/2022 | Actualizada ás 20:07
Os traballadores da rede de centros socioculturais do Concello de Santiago están chamados a participar nunha xornada de folga este martes para demandar ao goberno local a apertura dunha negociación para melloras nas condicións laborais do persoal.
A convocatoria coincide coa celebración dun pleno ordinario no que intervirán representantes dos traballadores. No seu apoio, a CIG avanza a celebración dunha concentración ás 09,30 horas fronte á sede do consistorio local, na Praza do Obradoiro.
Os empregados dos centros socioculturais santiaguesas protestan pola publicación dos pregos para as novas contratacións "con atraso e sen contar en ningún momento coa opinión e parecer dos traballadores".
Denuncian que as novas contratacións "sairán máis baratas porque non se axustarán ao convenio propio" e que "se reducen horas nas que sobra parte do persoal que xa está en activo, neste momento, e debe ser subrogado por lei".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.