Críticas á "demora" da lei de inclusión social da Xunta: "cada vez falan dun prazo diferente"

A administración 'popular' asegura que a terán lista a finais deste 2022.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2022 | Actualizada ás 15:18

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, avanzou que se prevé ter lista a finais deste ano a nova lei de inclusión social, que permitirá compatibilizar a axuda autonómica da Risga coa estatal do Ingreso Mínimo Vital (IMV), o que actualmente non é posible.

Nunha interpelación no Pleno do Parlamento, Olalla Rodil (BNG) reclamou "un pouco de axilidade" á Xunta na reforma desa lei, posto que "cada vez é un prazo diferente" e está afectada a poboación "máis vulnerable". "Case me atrevo a pór a man no lume", dixo a deputada sobre que esa lei "non vai estar tramitada" antes de que acabe 2022.

En cambio, Fabiola García defendeu que a "Xunta cumpre os prazos", pois xa se iniciou a súa tramitación no terceiro trimestre do ano pasado e agora estase "traballando da man de entidades sociais". O obxectivo é que esa norma "funcione e sexa útil", de maneira que se avance na inserción sociolaboral e a redución de burocracia.

Respecto diso, a conselleira censurou as "deficiencias" no deseño do IMV por parte do Goberno central para facilitar a súa convivencia con outras prestacións das comunidades. De feito, subliña que a Risga mantén ao 65% dos perceptores que tiña en xuño de 2020, cando se puxo en marcha o Ingreso Mínimo Vital, unha cuestión que achaca a que a prestación autonómica é de "acceso máis áxil e fácil".

Fabiola García. XUNTA
Fabiola García. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta