A compravenda de vivendas en Galicia crece un 14,8% en febreiro

Aumenta tamén a concesión de préstamos hipotecarios, un 9,7%

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/04/2022 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

A compravenda de vivendas subiu un 14,8% en Galicia en febreiro deste ano en taxa interanual, por baixo da media estatal . A concesión de préstamos hipotecarios para a adquisición de vivenda fíxoo un 9,7%, un punto e medio máis que a media estatal.

Segundo datos do Centro de Información Estatística do Notariado (CEN), o número de compravendas en Galicia alcanzou as 1.916 unidades, e o prezo medio do metro cadrado situouse nos 1.027 euros, rexistrándose un ascenso do 6,7% interanual. Por tipo de vivenda as compravendas de pisos aumentaron un 17% interanual e as unifamiliares un 9,7%.

Os prezos dos pisos aumentaron na Comunidade galega un 6,8% con respecto ao mesmo mes do ano anterior, ata os 1.325 euros/metro cadrado, mentres que nas vivendas unifamiliares a media foi de 702 euros/metro cadrado, rexistrando un aumento do 3,1%.

No conxunto de España a compravenda de pisos aumentou un 20,5%, e o seu prezo, un 4,9%, en tanto que as unifamiliares incrementáronse nun 15% interanual, e os prezos nun 12,9%.

Por territorios, en 13 autonomías rexistrouse un encarecemento no prezo da vivenda, como é o caso de Galicia. A compravenda de vivenda creceu en todas as comunidades autónomas, excepto en Navarra, onde se reduciu un 8,3% interanual.

Polo que respecta ós préstamos para adquisición de vivenda, en Galicia creceron o pasado mes de febreiro un 9,7% ata alcanzar as 871 operacións, cuxa contía media foi de 115.010 euros, un 5,3% máis que en febreiro de 2021.

En Galicia, a porcentaxe de compras de vivendas financiadas mediante un préstamo hipotecario situouse no 45,5%, fronte ao 48,8% nacional. Ademáis, neste tipo de compras con financiamento, a contía do préstamo supuxo en media o 75,3% do prezo (o 73% no conxunto estatal).

CONSTITUCIÓN DE SOCIEDADES

Compravenda de vivenda. EPDATA
Compravenda de vivenda. EPDATA | Fonte: Europa Press

En todo o Estado a creación de sociedades aumentou un 0,2% con respecto ó ano pasado. A nivel autonómico, a creación de novas sociedades aumentou en sete autonomías e diminuíu no restantes dez comunidades, entre elas Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta